Na tradición hindú o Basanta Panchami é un dÃa de celebración que marca a fin do inverno e celebra o aniversario da deusa Saraswati, nai da sabedorÃa, a fala e a música. En feliz coincidencia tamén é o apelido do músico Roy Basanta, ex-vocalista dos desaparecidos The Blows, e foi a palabra elixida para dar nome a un novo e singular proxecto de banda que agora ven de sacar ao mercado o seu primeiro disco longo. Basanta, o grupo, xa ten dispoñible o seu álbum Colorama (C4Music, 2018). Once temas máis un conforman este traballo presentado recentemente en concerto no eido do festival vigués Super Bock Under Fest e que xa está dispoñible en vinilo e nas plataformas dixitais.
A banda xa presentará en 2016 unha maqueta de tres cancións, dúas das cales aparecen neste Colorama que se gravou en dez dÃas no Porto de Santa MarÃa co produtor Paco Loco e contando coas colaboracións de Paco Serén (Los Piratas) ao sitar e Rubén Suárez (Family Folks) á mandolina. Basanta inspÃrase no ocultismo e no paganismo para ofrecer un repertorio que tira dun ben executado pop rock psicodélico, eléctrico e mesmerizante (Emperador), ou con propostas folk como Coyote, e con letras que inciden no esoterismo, nos arcanos e nunha espiritualidade de tribo ou seita (Tentación). A banda ademais leva esta idea á súa espectacular posta en escena na que os cinco membros saen ataviados con traxes e máscaras propios dun ritual pagán e agochan as súas propias identidades baixo os simbólicos nomes de Sol, Xofre, Sal, Terra e A Santa. Nun dos avances en vÃdeo deste disco, Inferis foi realizado por Xaime Miranda e rodado no Pazo de San Isidro de Mondoñedo, a banda amosa a súa proposta ritualista e esotérica dun xeito moi visual.