O pleno do CCG renova a súa composición

Incorpóranse catro novos membros electos

O Consello da Cultura Galega renovou a composición do Plenario da institución na xuntanza celebrada onte, xoves, pola tarde. Nesta ocasión, os conselleiros e conselleiras electas saíntes son Xosé López, Ramón Máiz, Concepción Varela e Maximino Zumalave. Trala votación correspondente, o Plenario do CCG nomeou os novos conselleiros e conselleiras: Carme Adán, Xosé Ramón Pousa, Xosé Manoel Núñez Seixas e Elena Vázquez Cendón. As conselleiras María Xosé Porteiro e Dolores Vilavedra foron renovados o seu mandato por outros catro anos.

Informe de provisión de postos directivos nas institucións culturais
Ademais, o Plenario do Consello da Cultura Galega aprobou a constitución dunha comisión temporal para a elaboración dun Informe sobre a provisión de postos directivos nas institucións culturais de Galicia.