Fran Alonso é o novo director de Edicións Xerais

O Grupo Anaya emitiu un comunicado esta mañá

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Grupo Anaya confirmou hoxe pola mañá a Fran Alonso, ata agora subdirector de Edicións Xerais de Galicia, como novo director de Xerais, a principal editorial do país. Ata agora, Alonso desempeñaba o cargo de subdirector, vinculado á edición literaria, aínda que comezou a súa carreira profesional no xornalismo. Entre 2006 e 2010, ocupou o cargo de vicepresidente da Asociación Galega de Editores e na actualidade pertence a súa Xunta Directiva. Tamén foi un dos membro fundadores da asociación Espazo Lectura en 2008. Fran Alonso substituirá a Manuel Bragado, quen solicitou persoalmente a baixa na editorial a semana pasada.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fran Alonso, Edicións Xerais, Manuel Bragado, Espazo Lectura...