Axóuxere editora presenta os catro proxectos para a súa residencia de verán

Dúas autoras galegas forman parte da selección nesta xeira

A editorial Axóuxere Editora ven de resolver a súa convocatoria de Residencias de Verán que acollerán a tres autores de proxectos literarios e máis un filosófico na casa que para ese fin dispoñen en Brión, no Concello de Rianxo. Os seleccionados estarán, nalgúns casos compartindo datas, entre os meses de xullo e setembro. Javier Serena, o arxentino Pablo Sanguinetti e a galega Paula Cascallar Latorre presentaron os proxectos selccionados na parte literaria, mentres que no apartado da filosofía foi Arantxa Serantes (Galicia), a selecionada cun proxecto de investigación no ámbito das Humanidades Dixitais (HD) que, segundo comunican desde a editora, "tentará indagar arredor dunha hermenéutica dirixida ao discernimento dos procedementos, usos e posibilidades interactivas das (potenciais) ferramentas que as HD deseñan no intento de axudar a vertebrar unha sociedade interesada xa non só na simple acumulación de información senón na procura e xeración de coñecemento(s) novo(s), aínda por pensar".