Xosé Cid faise co XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole

Está dotado con 4.000 euros

A obra Tres pintores, do vigués Xosé Cid, resultou gañadora do XX Certame de Narración Curta Ánxel Fole, promovido polo Concello de Lugo. O premio está dotado con 4.000 euros ademáis da publicación da obra por parte de Edicións Xerais de Galicia. O xurado estivo composto pola concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre (presidenta con voz pero sen voto) xunto coa filóloga, escritora e guionista Carmen Conde, o mestre Lois Pérez, e Manuel Bragado, editor de Edicións Xerais de Galicia.