Xerais lanza unha nova biografía de María Victoria Moreno

Xavier Senín e Isabel Soto asinan María Victoria Moreno. Sementadora de futuro

"O volume de referencia" sobre a homenaxeada este ano no Día das Letras. Así presenta Edicións Xerais María Victoria Moreno. Sementadora de futuro, a biografía que asinan Xavier Senín e Isabel Soto e que acaba de ver a luz. O volume percorre a vida da autora e achega un contexto á situación da literatura infantil e xuvenil galega no seu tempo. Ademais, revisa os valores e temas das súas obras e achega unha completa bibliografía sobre a creadora. O lanzamento súmase a outras biografías como A voz insurrecta de Montse Pena e, para público xuvenil, A muller que durmía pouco e soñaba moito, de Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey e Doce cartas a María Victoria Moreno, biografía novelada de Ánxela Gracián.