Nace o Grao en Paisaxe

As universidades da Coruña e de Santiago presentan esta titulación pioneira no Estado

| Santiago. Redacción | Seccións: Educación
Compartir:

O vindeiro mes de setembro comezarán as clases do primeiro título interuniversitario de Galicia. As universidades da Coruña e de Compostela presentaban esta fin de semana o Grao en Paisaxe. Esta titulación, pioneira no Estado, contará con 240 créditos distribuídos en catro cursos e nos que se impartirán disciplinas como urbanismo, topografía, arquitectura, medio ambiente, botánica, edafoloxía, arte, economía ou socioloxía. Os dous primeiros impartiranse na EPS de Lugo e os outros dous na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Arquitectura, EPs, Economía...