O punchi must go on con A compañía do ruído

A banda recompila os temas do proxecto 12 meses, 12 punchis

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
O punchi must go on con A compañía do ruído

A Compañía do Ruído apostou por un curioso xeito de conmemorar os seus quince anos en activo. O grupo desenvolveu ao longo de 2017 o proxecto audiovisual 12 meses, 12 punchis no que foron presentando outros tantos vídeos musicales con novos temas. Agora, compilan todo este material no que é o seu sétimo traballo discográfico, O Punchi Must Go On, autoeditado. A temática social e o ritmo festivo continúa nesta nova entrega da súa carreira, un proxecto no que contaron con colaboracións como as de García Mc, Pulpiño Viascón, Trópico de Grelos, Emilio, Rubén, Lucas, Nico e Candi e Ismael da Fanfarria Taquikardia, e as Escolas de música de Bergara, Aramaio, e Erandio da man de Aritz Alustiza (Nomadak). A banda está agora en plena xira de presentación do álbum.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escolas, Medios de comunicación