Guillermo Rodicio e Leticia Barbadillo fanse o I Premio de Relato Curto Agustín Fernández Paz

O xurado outorgou dous accésits na primeira xeira do certame

A Asociación de Escritores en Lingua Galega e mais a Universidade da Coruña daban a coñecer onte o fallo do I Premio de Relato Curto Agustín Fernández Paz. O xurado, composto por Iria Doval Porto, Iria Sobrino Freire e Mercedes Queixas Zas acordou outorgarlle o galardón ex aequo a dous autores. Guillermo Rodicio, polo traballo Gadoupa e Leticia Barbadillo, por Timbrol e a pega. Ademais, os relatos O trato de María de los Ángeles Madriñán e Rezar ao dragón da autoría de Verónica Pazos, recibiron cadanseu accésit. Os traballos galardoados exporanse na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.