O Festival internacional Kerouac de Vigo comeza a súa terceira fase neoiorquina

O evento poético faise nas dúas beiras do Atlántico con meses de diferencia

O Festival Kerouac de Vigo tende a súa ponte co outro lado do Atlántico por terceiro ano levando a Nova York a expresión poética que se fai nesta beira. A xeira viguesa deste festival, herdeiro do Festival Polipoético, celebrouse o pasado mes de outubro e agora entre o 3 e o 8 de abril vaise celebrar na cidade americana, levando as accións poéticas previstas a seis espazos diferentes. O evento conta apoio institucional do Consulado de España en NY e a Xunta de Galicia e coa colaboración do Bowery Poetry Club, unha das institucións poéticas máis importantes da cidade. O seu teatro no Bowery é un dos escenarios do festival, así como a casa de Galicia e o Instituto Cervantes. Tamén hai prevista unha intervención poética a bordo dun dos transbordadores da cidade da compañía Ferry NYC onde se fara o poetryonboard. Vanesa Álvarez e Marcos de la Fuente organizan este evento a través da súa empresa Culture Lovers S.L.