A celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil concentra a actualidade cultural neste 2 de abril. Como é habitual, as bibliotecas concentran grande parte da actividade da xornada, con contacontos, exposicións, música e propostas que se desenvolverán ao longo da semana. Susana Vilar, Almudena Francés, Anxo Moure, Chus Álvarez ou Bea Campos achegarán as súas historias ao público máis cativo destes centros. Ademais, na Cidade da Cultura, o obradoiro Poemas con chocolate mesturará lírica e gastronomía o vindeiro 8 de abril.
No programa a novena adquire certo peso coa convocatoria do certame "Un conto de H.C. Andersen en banda deseñada" e a celebración dun obradoiro de creación de cómic na Biblioteca de Lugo este venres 6.
A data é tamén a do aniversario da editorial Kalandraka, que fai vinte anos da súa posta en marcha en Pontevedra como un proxecto pioneiro especializado na literatura para o público máis cativo. A firma lanzou xa máis de mil títulos neste período e recibiu unha grande cantidade de recoñecementos internacionais polo seu labor.
Pola súa banda a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) ten no seu web, para libre descarga, o novo catálogo Libros infantís e xuvenís de Galicia 2018 cunha selección das publicacións máis destacadas para este público realizadas ao longo do último ano.