Pablo Sax TrÃo ven de sacar o seu primeiro disco, Amorgana (Autoedición), que inclúe once pezas musicais e unha paisaxe sonora froito do labor compositivo do lÃder desta formación, o saxofonista e compositor, Pablo “Sax” F. Sinde, nacido en Holanda e residente en Galicia que neste proxecto está acompañado por Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo, oud, arranxos) e Sergio González (baterÃa). Pezas en formato solo, dúo, trÃo e cuarteto cunha visión moi persoal e estética do jazz contemporáneo. Pablo Sax fuxe das formas canónicas predominantes, sen perder a esencia deste tipo de música, e dando un peso fundamental á improvisación, dende unha perspectiva periférica e libre. Amorgana foi gravado no Laboratorio Soyuz (Trazo) por Hevi, a principios de setembro do 2017 coa colaboración de David Lojo (trompeta e fliscornio). Nesta obra Pablo Sax fai homenaxes a músicos (Anthony Braxton, Steve Lacy, David Bowie), escritores (Juan Goytisolo, Julio Cortázar), amigos (Morgana, Cecilia e Lokis ) e unha peza dedicada ao lugar onde mora (Noia).