O disco-libro UxÃa-O, no que a cantante UxÃa en colaboración co músico Sergio Tannus pon música e canto aos versos do poeta UxÃo Novoneyra, alzouse onte á noite co Premio MIN ao mellor disco en galego da industria independente no ano 2017. A obra, editada por Damadriña Producións baixo o selo da propia Fundación UxÃo Novoneyra, competÃa nesta categorÃa con Fainos saÃr, de Atrás Tigre; XardÃn interior, de Esposa; Livres e loucas, de Habelas hainas e Quixera ser dos paxaros,de Os d´abaixo. O audiolibro competÃa ademais na categorÃa de deseño gráfico, que non conseguiu gañar. As catro candidaturas finalistas de Xoel López nesta Xª edición dos Premios MIN da Música Independiente ao final non se viron recompensadas con ningún galardón. En UxÃa-O ademais de poemas musicados, tamén se presentan diferentes textos unidos nunha mesma canción, como é o caso de O aire ou A miña sombra correndo, transformados en alalá. O álbum recupera tamén a composición Cain as follas, de Emilio Cao, ou Alalás encadeados, poema inédito que xa se puidera escoitar no disco Meu Canto de UxÃa. O disco conta co acordeón de Santi Cribeiro, as percusións de Isaac PalacÃn e con José Manuel DÃaz ao contrabaixo, ademais de colaboracións de Ana Isabel DÃas na arpa clásica, Quim Farinha no violÃn ou Fred Martins.