Unicorn Wars, a nova longametraxe de animación dirixida por Alberto Vázquez (A Coruña, 1980) está de actualidade pola súa presenza na feira do audiovisual de animación Cartoon Movie. O evento, que se está a celebrar estes dÃas na cidade francesa de Burdeos é o marco escollido para a presentación do proxecto en fase desenvolvemento deste filme para o que as súas produtoras buscaran apoios de mercado. Vázquez volve poñerse na dirección despois dos éxitos recollidos a nivel internacional co seu anterior longametraxe Psiconautas e coa curtametraxe Decorado polas que obtivo no mesmo ano os dous premios Goya en cada categorÃa e un Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe ademais dun enorme palmarés de galardóns no seu percorrido polo circuÃto internacional de festivais. Unicorn Wars está producido en colaboración por catro empresas entre as que está Abano Producións, a produtora de Chelo Loureiro que ven de recoller o Premio Mestre Mateo pola obra de animación The Neverending Walls. Abano Producións, UniKo (España) e Autour de Minuit (Francia) recuncan con Vázquez, co que xa fixeran a produción de Decorado. En Unicorn Wars Alberto Vázquez coloca unha historia de amor fraternal nun escenario dun conflito bélico brutal e interminable entre dúas especies: os osiños e os unicornios.
Teaser - Unicorn Wars from Abano Producións on Vimeo.