Con orixe melidá e composición maioritariamente feminina, Cuarta Xusta presenta na casa o seu primeiro disco. O Pub Gatos acolle este 10 de marzo ás 23:59 horas o primeiro concerto da xira de Un novo espertar. O álbum achega oito temas propios de rock aderezado con violÃn e toques de ska coa intención de "berrar con música as inxustizas que nos rodean" da man de Aida López (cantante), Marta Sánchez (guitarra e violÃn), Lúa Aguete (baterÃa), Alberto GarcÃa (guitarra) e Alba Vilariño (baixo). Canda a eles, unha chea de colaboracións coma as de Vituco Neira e Miguel Duarte de Ruxe-Ruxe, Bocixa de Zënzar, Jasper de Nao ou Javi Maneiro de Herdeiros da Crus, algúns dos cales estarán presentes no concerto de inauguración.
O grupo, nado en 2016, prevé continuar a xira presentación nos vindeiros meses con actuacións na Gentalha do Pichel, en Compostela, no Fórum Célticum coruñés, no Kurrala Rock de Ribeira ou na Fundaçom Artábria de Ferrol. O grupo fixo público o tema que dá tÃtulo ao álbum e mais Un Novo Espertar, no que colabora Jasper de Nao.