O Premio Clara Campoamor recoñece a Chus Pato

A poeta recibiu o galardón á igualdade de oportunidades que concede o Concello de Ourense

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O seu labor literario e a súa militancia feminista valéronlle a Chus Pato facerse co XI Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades que outorga o Concello de Ourense. O xurado composto por Sofía Godoy, concelleira de Igualdade; María Elena de Jesús, directora do CIMM; María Elena Paz, en representación do Consello Municipal de Igualdade; María Luísa Rodríguez, da comisión de investigación e seguemento da violencia exercida contra as mulleres; María Luz Villar, escritora e dramaturga e María Jesús Vázquez, xefa de negociado da Concellería de Igualdade escolleu por unanimidade a poeta e académica como homenaxeada na nova xeira do galardón. O fallo destaca o alcance internacional do traballo poético de Pato, "recoñecido máis alá das nosas fronteiras, sendo traducida ao español, ao inglés, ao portugués, ao serbio, ao polaco, ao alemán, ao italiano, e ao árabe, entre otros, polo que a súa presencia está en todas as antoloxías internacionais", así como a orixinalidade da súa voz poética.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Chus Pato, Clara Campoamor, Concello de Ourense...