Todos os dÃas recibimos unha chea de información a través dos medios, e unha parte de toda esa información dedÃcase á cultura. Sen embargo esa información é fragmentaria, pouco elaborada e a miúdo está relegada a posicións secundarias con respecto a outros contidos. Ou, alomenos, esas foron as conclusións ás que se chegou nos II Encontros “A información cultural en Galicia: O que contan os medios”, que se desenvolveron no Consello da Cultura Galega.
Dúas mañás de dous luns, eses dÃas en que, ata hai pouco, non saÃan os xornais. Un tempo dedicado a analizar, a través de diferentes mesas redondas, como reflicten os medios do paÃs a actualidade sobre a cultura. Intelectuais coma Suso de Toro e especialistas de diversas universidades coma Manuel Pares i Maicas ou Ricardo Pérez-Amat achegáronse a Compostela os dÃas 21 e 28 de abril para reflexionaren sobre estas cuestións. A canda eles, os encargados de medios galegos de prensa, radio, televisión e Internet analizaron polo miúdo o xeito en que traballan coa cultura.
Do papel da cultura no papel
Para analizar a presencia da información cultural nos xornais tradicionais achegáronse ao Pazo de Raxoi os encargados das diferentes seccións culturais dos medios galegos. A mesa redonda estivo composta por Santiago Jaureguizar, de “El Progreso”, Juan Tallón, de “La Región”, Carmen Villar do “Faro de Vigo”, Xesús Fraga e Manuel RodrÃguez de “La Voz de Galicia”, moderados por Antón RodrÃguez. Carme Villar apuntou que “a cultura sempre se considerou unha irmá menor ao lado do resto das seccións dun xornal”. Deste xeito aparecen os suplementos culturais dirixidos a un público especÃfico para poder tratar máis polo miúdo a información cultural. De calquera xeito, a encargada de cultura do “Faro de Vigo” apuntou que “o público non sempre responde a estas apostas”. Neste mesmo sentido, os encargados de cultura en “La Voz” sinalan a importancia dun deseño atractivo dos suplementos culturais para atraer a atención dun público que non atende normalmente ás páxinas de cultura. Os xornalistas coincidiron en afirmar que supón un grande esforzo tirar suplementos culturais en prensa, pola escaseza de público e a pouca rendibilidade económica destas seccións. Pola súa banda, Xesús Fraga de “La Voz de Galicia” sinalou que “se alguén entra no mundo da cultura a través destas xanelas, xa nos podemos dar por satisfeitos”.
Cultura con ondas
A presencia da cultura na radio é tamén escasa, segundo apuntaron os representantes das seccións culturais de diferentes radios. A mesa contou coa participación de Ana RomanÃ, directora do “Diario Cultural” da Radio Galega, Pedro DÃaz, responsable de información cultural en Radio Nacional de España e Henrique Sanfiz, de Emisoras Municipais de Galicia. Nela apuntáronse como problemas a falta de medios humanos, a precariedade laboral do medio e a dificultade de acadar un equilibrio entre a información e a análise de contidos nun medio tan marcado polo ritmo e a escaseza de tempo coma o radiofónico. Ana Romanà apuntou que mesmo un programa tan asentado coma o “Diario cultural” da Radio Galega, con trece anos de emisión, só chega a unha minorÃa, e é difÃcil conseguir un incremento dos Ãndices de audiencia. Fóra dos programas especificamente culturais, Pedro DÃaz apuntou que a información cultural diaria está relegada ao peche dos informativos. O responsable de cultura de Radio Nacional apuntou que a nivel estatal hai unha maior presencia da cultura na radio do que en Galicia. Henrique Sanfiz concluÃu que “as empresas xornalÃsticas están escasamente interesadas na información cultural” e que “os programas deste tipo que sobreviven son os que lle dan prestixio á cadea”.
Cultura en antena
Nos mesmos termos desenvolveu se a mesa redonda dedicada á información cultural na televisión. Francisco López Varxas, da TVG, Octavio RodrÃguez, de TVE-Galicia, Mercedes Vázquez, de Televinte Chantada e Xabier Otero, de Localia Santiago, coincidiron en afirmar que se poderÃa mellorar a información dedicada á cultura, pero que dificilmente se lle poderÃa dedicar máis tempo. De novo a escaseza da audiencia neste tipo de programas serÃa un dos principais impedimentos para incrementar a súa presencia, factor que Xabier Otero exemplificou co caso de La2 de TVE, unha canle dedicada fundamentalmente á cultura e que é a menos vista no Estado, mesmo por baixo de emisoras locais.
Rede C
A última mesa redonda das xornadas estivo dedicada aos medios en internet, e nela participaron Anxo Quintela, director de Vieiros, Antonio Sangiao, director de Xornal.com., Susana Evangelista, de Galicia Diario e Manuel Gago, director de culturagalega.org. Na súa análise os catro coincidiron en que a información cultural na rede desenvólvese de xeito mixto, é dicir, que a maior parte destes medios buscan alianzas con diferentes entidades para fornecerse de información ou ben aproveitan sinerxÃas e reproducen a información en medios convencionais. Deste xeito, Anxo Quintela apuntou que desde Vieiros chegaron a acordos coa Asociación Internacional de Estudios Galegos, con Irimia ou con Tempos Novos para externalizar a elaboración de boa parte da información que ofrecen. Pola súa banda, Galicia Diario elabora conxuntamente con Cadea Noroeste (do mesmo grupo) a súa información, e culturagalega.org aproveita moitos dos contidos que se elaboran no Consello da Cultura Galega para difundilos na rede. Pola súa banda, Xornal.com puxo en marcha no 2000 artegalega.com, unha canle de información cultural que aproveitaba contidos do propio xornal e que non superou uns meses de vida pola súa escasa rendibilidade. Este medio realizou un novo intento de aproveitar sinerxÃas elaborando unha versión gratuÃta en papel que tampouco funcionou. Curiosamente, o éxito destas sinerxÃas veulle a este medio a través da publicación dun xornal de temática deportiva, o que demostra a diferencia de público para as dúas temáticas. Os responsables dos medios tamén apuntaron que, aÃnda que a elaboración dos contidos é moi semellante á dos medios tradicionais, a rede permite novas posibilidade á hora de chegar ao público, amosar directamente as fontes da noticia e distribuÃr productos multimedia.
Informe de medios
Ademais das mesas redondas, as xornadas serviron como marco de presentación para o informe “A información cultural nos medios de comunicación en Galicia”, elaborado pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Este informe, realizado sobre a análise de medios xeralistas de prensa, radio, televisión e internet, referendou o xa expresado nas mesas redondas. Deste xeito, conclúe que en Galicia a actualidade cultural enfócase como ocio e ocupa un posto secundario na información diaria, acadando unha maior presencia nos espacios de fin de semana. Ademais, seguindo esta concepción da cultura como ocio, a información deste tipo que se presenta é a miúdo de carácter local, e maioritariamente dáse como información, sen que estea presente a crÃtica ou a interpretación nestes espacios.