O Iº Certame de Nova Dramaturxia Galega Actual convocado pola compañÃa teatral Feira do Leste co apoio da Deputación provincial de Pontevedra fallouse a favor da obra A enterradora (blogue) do escritor e xornalista Miguel Sande, presentada baixo o lema A morte excÃtame. O xurado, conformado pola directora teatral Cristina Dominguez Dapena, a actriz Areta Bolado e o dramaturgo Ernesto Is - Dramaturgo, destacan como "moi actual e orixinal o tratamento do tema da morte, moi presente na idiosincrasia galega". Asà como a "honestidade que presenta ao fuxir da linguaxe contemporánea pretensiosa e afondar nunha estrutura dramática que foxe dos canons". A obra de Sande, destacou sobre as 14 obras presentadas nesta primeira edición do certame "polas atmosferas sonoras e audiovisuais que consegue” e que, “permite a adaptación da peza a outros formatos como o radioteatro", sinala a acta do xurado. Sande gañara en 1998 o Premio de Teatro Rafael Dieste coa obra Ninguén chorou por nós e foi finalista noutros certames deste xénero. O premio consiste na edición e publicación da obra gañadora dentro dun volume xunto con outras pezas de dramaturgos galegos actuais. Asà mesmo, o gañador recibirá 10 exemplares da obra como compensación dos dereitos de autor e unha porcentaxe dos beneficios obtidos pola venda de cada exemplar durante o primeiro ano.