Pontevedra acolle un foro de mulleres columnistas

Celébrase o 2 e 3 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Debates e relatorios de xornalistas e columnistas de opinión de diferentes medios galegos e españois conforman o congreso "As mulleres que opinan son perigosas", que baixo o auspicio do concello e a Deputación de Pontevedra celebrarase na cidade do Lérez entre o 2 e 3 de marzo. O congreso está organizado polas xornalistas Susana Pedreira e Diana López Varela, quen tiveron a idea tralas críticas a un congreso de columistas de opinión celebrado en León o ano pasado no que non aparecía no programa nin unha soa muller. Entre as participantes estarán Rosa Montero, Ana Pardo de Vera, Lucía Taboada, Fernanda Tabarés ou Inma López Silva, entre moitas outras.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Inma López Silva, Deputación de Pontevedra, León...

Claves

Protagonistas
Conceptos