As primeiras biografías de María Victoria Moreno chegan ás librarías

Galaxia e Xerais presentan cadanseu volume sobre a vida da escritora

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Xa comezan a aparecer as primeiras biografías da mestra e escritora María Victoria Moreno, a quen se lle adica este 2018 o Día das Letras Galegas. Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey asinan en Xerais a biografía María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito, un retrato próximo á autora que, en palabras da editorial, "reconstrúe con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego, lingua coa que mantivo unha historia de amor". Tamén en Galaxia, Montse Pena publica A voz insurrecta, outra biografía sobre a autora da que se destaca na presentación editorial "a súa procedencia estremeña e a capacidade de asumir o galego como lingua propia, a entrega constante nas aulas e o compromiso adquirido coa literatura infantil e xuvenil galega, aínda incipiente cando comeza a escribir".

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Periferias no Día das Letras

Periferias no Día das Letras

A homenaxe a María Victoria Moreno pon sobre a mesa aspectos pendentes de recoñecer na cultura galega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Victoria Moreno, Fina Casalderrey, Marilar Aleixandre, Día das Letras Galegas...