O Museo de Pontevedra inicia 2018 na procura de novos públicos

Unha das grandes exposicións estará dedicadas ao arquitecto Alejandro de la Sota

7/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Deputación de Pontevedra presentou onte a programación do Museo de Pontevedra para este 2018. As dúas grandes exposicións do ano estarán dedicadas ao artista plástico José Solla e ao arquitecto Alejandro de la Sota. A mostra de José Solla, oriundo do Morrazo pero residente na Arxentina, estará comisariada por Ramón Rozas e revisará a evolución deste artista. Inaugurarase a finais de xullo. A finais de marzo presentarase tamén a exposición sobre o arquitecto Alejandro de la Sota, coincidindo con que se lle dedique este ano o Día das Artes Galegas. A maiores, Leal destacou a aposta polos novos valores artísticos, que se sustanciará en varias exposicións de apoio á nova creación da provincia.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Exposicións, Museo de Pontevedra, Ramón Rozas...