Os directores de escena premian a Teatro do Noroeste

A compañía recibiu o Premio Adolfo Marsillach pola súa traxectoria

A compañía recibiu o Premio Adolfo Marsillach pola súa traxectoria
Eduardo Alonso. LaDiapo/AAAG
A celebración no ano 2017 do trinta aniversario da compañía teatral Teatro do Noroeste tivo antonte un anexo festivo que se engadiu ao palmarés de recoñecementos colleitados. A Asociación de Directores de Escena (ADE) repartiu nun acto no teatro de La Comedia de Madrid os seus galardóns entre os que está o Premio “Adolfo Marsillach” a unha labor teatral significativa e que foi para a compañía galega fundada por Eduardo Alonso e Luma Gómez. Os premios ADE outórganse anualmente desde fai trinta e un anos e decídense por votación de todos os asociados. O galardón que recolleu Teatro do Noroeste recaeu noutras ocasións en figuras como Fernando Fernán Gómez, Nuria Espert, Sanchís Sinisterra ou a mesma María Casares, ademais de noutras compañías ou institucións como o Festivald e Teatro Clásico de Almagro, a Sala la Cuarta Pared, a Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid. A gala de premios tamén tivo un recoñecemento para o director de escena coruñés Xosé Manuel Rabón polos traballos dedicados a prol da propia ADE.