Contámosche o traballo que levamos desenvolvido nestes dous anos arredor da banda deseñada galega e as melloras que xa podes apreciar no Soportal BD
Unha ollada a dous anos de traballo (23-I-2001 a 28-III-2003)
Temos estado nas exposicións, nas proxeccións, nas presentacións das publicacións, nos premios dos maiores e nos obradoiros dos pequenos. Seguimos as itinerantes semanas de BD e mais a pista dos nosos autores fóra de Galicia: no ámbito estatal, no europeo e no americano. Vivimos convosco a “morte” e “resurrección” de “Golfiño”, o nacemento de BD Banda, da Polaqia, do Colectivo Chapapote, a reaparición de Bule-Bule. Acompañámosvos aos salóns de Ourense, da Coruña, de Arteixo, de Cangas, de Pontevedra, de Barcelona.
59 reportaxes ou noticias amplas e 74 novas breves. 43 autores con ficha persoal e galerÃa asociada. Máis de 70 fancines e publicacións recollidos, con data e portada. 200 páxinas de banda deseñada de autores galegos. 12 artigos e 1 libro realizados por especialistas, para libre descarga dos usuarios. A maior listaxe de ligazóns sobre a banda deseñada galega. 60 fondos de escritorio e salvapantallas. AsÃ, servimos de referencia para que, en máis dunha ocasión, autores galegos de BD fosen contratados para diversos proxectos.
Todos estes valores fan do Soportal Banda Deseñada o punto de encontro de todos os profesionais e afeccionados da novena arte en Galicia e unha referencia inescusable tanto para prensa especializada como para os medios en xeral.
E asà queremos que siga sendo.
Para iso, só nos queda mellorar e medrar. Ao longo deste ano 2003 o Soportal someterase a unha paulatina potenciación que xa estades comezando a experimentar.
Os cambios que veñen
A mudanza comezou coa parte que afecta ao seguimento da actualidade: as 133 noticias que levamos publicado en todo este tempo xa están nun novo soporte de información que vos permitirá un acceso máis áxil e sinxelo. As reportaxes, que agora levan todas unha imaxe de referencia asociada (e moitas delas, outros contidos adicionais), atoparédelas na súa correspondente sección ("Reportaxes") mentres que as noticias breves estarán baixo o epÃgrafe "Noticias".
En canto seguimos traballando intensamente para ser o motor informativo da nacente industria e do talento da BD galega, queremos saber de vós. Seguide enviándonos aviso dos vosos proxectos e galardóns, mostras de traballos e publicacións. Contádenos en qué vos parece que podemos aÃnda mellorar a nosa sección de cómic. EscribÃdenos a redaccion@culturagalega.org