Un total de 68 autores de cómic, dos que 20 son novos no soportal de Banda Deseñada de culturagalega.org pódense visitar na galería de autores renovada deste soportal. Nas novas galerías, as fichas actualizan e amplían a biografía dos guionistas, debuxantes, humoristas, etc. do sector do cómic en Galicia, ademais de incorporaren 200 páxinas orixinais co mellor do seu traballo.
Visita a nova Galería de Autores