A poesía de Luís Seoane chega ao Colón

Será esta tarde do 26 de xaneiro ás 20.:30 h.

Aínda que Luís Seoane é sobre todo coñecido como deseñador, ilustrador e pintor, foi tamén un importante poeta que se lembrará esta tarde do venres 26 de xaneiro no Teatro Colón da Coruña, ás 20:30 horas. O actor Santiago Fernández e o músico Sergio López ofrecerán un recital-concerto no espectáculo Episodios dunha vella história. Os 18 textos seleccionados nesta produción de Casahamlet proceden dos poemarios que Seoane publicou nos anos cincuenta, como Fardel d'esilado, Na brétema, Sant-Iago e As cicatrices.