Continúan os recoñecementos internacionais do cinema galego. Este mércores abrÃa as súas portas o 47 Festival de Rotterdamm, que conta cunha nutrida presenza do paÃs. Alà estreará, no marco da sección "Bright Future" o seu segundo filme Alberto Gracia, que xa fora galardoado neste evento. La estrella errante propón un percorrido arredor do punk e das drogras a partir da figura de Rober Perdut, cantante da banda Los Fiambres. Canda a el, poderá verse na sección "Perspectives" o filme El paisaje está vacÃo y el vacÃo es paisaje da viguesa Carla Andrade. Tamén en "Bright Future" está presente a premiada Mimosas, de Óliver Laxe. O director protagoniza ademais a peza Santos #2, Work in Progress, na que o vigués Antón Corbal retrata o retorno de Laxe á súa aldea familiar e que fai parte da sección "Deep Focus".
Pola súa banda, a directora Diana Toucedo presenta o seu traballo Trinta lumes na sección Panorama da prestixiosa Berlinale. A produción é unha das tres únicas do Estado que fan parte deste festival, nunha selección de 47 pelÃculas de 40 paÃses diferentes.