Fervenzas Literarias dá a coñecer os seus galardóns anuais

A nena do abrigo de astracán e Lumes foron as obras máis recoñecidas en narrativa e poesía

O web Fervenzas Literias facía pública onte a súa listaxe de premios anuais. Desta volta un total de 522 enquisas válidas remitidas por lectores e lectoras fixeron a selección. Entre os galardóns, destaca a elección de A nena do abrigo de astracán como mellor libro de narrativa de Lumes, de Ismael Ramos, como mellor obra de poesía. Galaxia foi, por segundo ano consecutivo, a editorial que obtivo o recoñecemento ao mellor labor mentres o Culturgal foi escolleito como o mellor acontecido durante o ano, ao igual que na pasada edición. Tamén repite, ao igual que nos últimos anos, Armando Requeixo no premio ao mellor crítico literario.

Premios Fervenzas Literarias para Os mellores libros do 2017

– Mellor libro de narrativa para A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo (Xerais)
– Mellor libro de poesía para Lumes, de Ismael Ramos. (Apiario)
– Mellor libro de ensaio/investigación para Rosalía de Castro. Cantos de independencia e liberdade, de María Xesús Lama. (Galaxia)
– Mellor libro de teatro para Suite Artabria, de Manuel Lourenzo. (Xerais)
– Mellor álbum de banda deseñada para O bichero VII. De punta a chicote, de Luís Davila. (Autoeditado)
– Mellor libro traducido para público adulto para Thérèse Raquin, de Émile Zola, traducido por Isabel Soto. (Hugin e Munin)
– Mellor libro de literatura xuvenil para Os nenos da variola, de María Solar. (Galaxia)
– Mellor libro de literatura infantil para A señorita Bubble, de Ledicia Costas. (Xerais)
– Mellor libro traducido de literatura infantil e xuvenil para Pippi Mediaslongas, de Astrid Lindgren, traducido por David A. Álvarez. (Kalandraka)
– Autor do ano para Ismael Ramos.
– Ilustrador do ano para Víctor Rivas.
– Mellor capa de libro para adultos para Luns, de Eli Ríos. (Xerais)
– Mellor capa de libro de literatura infantil e xuvenil para A señorita Bubble, de Ledicia Costas, feita por Andrés Meixide. (Xerais)
– Mellor editorial do ano para Galaxia.
– Mellor crítico/a literario/a para Armando Requeixo.
– O mellor acontecido para Culturgal 2017.
– O peor acontecido para a política lingüística do goberno da Xunta de Galicia.
– Mellor Libraría para Cartabón.
– Mellor medio de comunicación para Sermos Galiza.
– Mellor blog/web literaria para Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.