Swing, jazz música persa, sons barrocos e raÃz popular atópanse no segundo álbum de Fernando Barroso. O instrumentista continúa carreira en solitario co seu segundo álbum, Live at Silence Lovers Club, no que presenta doce temas novos coa súa mandolina acompañada do violoncello de Margarida Mariño. Presentado como unha actuación no imaxinario club que lle dá tÃtulo, no álbum "a idea era crear un repertorio de directo cun instrumento que me permitise versatilidade, interpretar melodÃas protagonistas, pero que ao mesmo tempo tivera recursos rÃtmicos e harmónicos para poder acompañar. Pensei na mandolina, da que sempre gostei", segundo explica Barroso na presentación do proxecto. Ademais de Mariño, Barroso conta coa colaboración da portuguesa Celina da Piedade que pon voz e acordeón ao tema Ausencia.
O Auditorio Municipal de Vigo acolle o vindeiro 10 de febreiro o concerto de presentación do novo álbum, un recital que contará cun convidado especial ademais de Barroso e de Mariño. León, Sant Boi de Llobregat, Barcelona e Madrid serán as seguintes citas das xira.