Taboexa, nas Neves, conta desde o pasado mes de decembro cunha nova estación de arte rupestre. Os lumes do pasado outono deixaron ao descuberto a que é, segundo o Instituto de Estudos Miñoranos, a principal descuberta neste campo das últimas dúas décadas. Investigadores desta entidade deron o a coñecer o pasado 29 de decembro o achado, que inclúe coviñas, figuras antropomoformas e máis dunha vinte de "zoomorfos orientados en direccións diverxentes ocupando toda a pedra. Trátase, na súa gran maiorÃa, da representación dun conxunto de équidos e algún cánido, dada a presenza -na maior parte das figuras- de colas espesas, orellas, e a ausencia de cornas".
O que semella unha escena de caza compleméntase con representacións en penas próximas, entre elas "tres cuadrúpedes, un deles de gran tamaño (1 metro de lonxitude) e de carácter esquemático, sendo o maior dos atopados en Galicia e posiblemente un dos máis grandes de toda a penÃnsula". O Instituto anunciou a súa intención de chegar a un acordo coa Xunta de Galicia para desenvolver a musealización do complexo.