Quiosco: Anuario Barbantia 2017

Recolle investigacións ao redor da comarca do Barbanza

Recolle investigacións ao redor da comarca do Barbanza
Portada do Anuario Barbantia
O pasado sábado presentouse na Pobra do Caramiñal o novo número do Anuario Barbantia 2017, unha publicación que xa vai polos trece números e que recolle estudos e investigacións ao redor do ámbito cultural da península do Barbanza. O anuario, editado pola asociación Barbantia, recolle desta volta estudos sobre as Cartas Pobras de Noia e Muros, a cargo de Pedro García Vidal, sobre os peirao de madeira na ría de Arousa, de Manuel Gago Pérez, sobre a Xeración de Castelao no Barbanza, de Pastor Rodríguez, sobre a literatura infantil de Carlos Casares, de Pilar Sampedro, ou sobre o petróglifo de Pedra Leirada, de Manuel Gago Mariño, entre outros moitos contidos.