O pasado 18 de decembro a Asemblea Extraordinaria co Centro Galego de Bos Aires aprobaba iniciar as conversas para a venda da súa sede e hospital a un grupo sanitario privado. A decisión fixo saltar as alarmas en Galicia ao pór en cuestión o futuro do grande patrimonio artÃstico e histórico que conserva a sede desta centenaria entidade. Deste xeito o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo xa anunciou que a Xunta fará un seguimento destes bens, mentres o Grupo Parlamentario do BNG adiantou que presentará na cámara galega "unha baterÃa de iniciativas" para reclamar o traslado a Galicia destes bens e a súa incorporación ao patrimonio público.
Ademais dun inxente arquivo documental que inclúe cartas, fotografÃas, vÃdeos e outros documentos da diáspora do paÃs, entre eles figuras destacadas da nosa cultura, o centro atesoura un legado de máis de 130 pinturas, 52 esculturas e unha biblioteca con máis de 20.000 volumes. Na súa decisión, a asemblea do centro reclamou que a empresa compradora outorgue a perpetuidade á asociación as dependencias do Teatro Castelao e todas aquelas destinadas a preservar o patrimonio histórico e cultural, a incluÃr as pezas custodiadas nas mesmas. Incide ademais en que sexa a asociación a propietaria permanente destes bens e a responsable do seu destino definitivo, a advertir que o mesmo non se poderá trasladar fóra de Arxentina.