Falece o escultor ourensán Arturo Baltar

Enterrarase esta tarde no cemiterio de María a Real da Barra, Coles

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Aos 93 anos de idade finaba onte Arturo Baltar, escultor e persoeiro imprescindible da vida social da Cidade das Burgas. Baltar, especializado en esculturas de arxila e que se fixo famoso cos seus retablos, acadara nos últimos cincuenta anos unha especial sona polo seu coñecido Belén, que se monta cada Nadal na Catedral de Ourense e que abría as súas portas a pasada semana. Para alén das súas obras, presentes nas principais coleccións de arte do país, Baltar era tamén un persoeiro imprescindible no Ourense actual, desde o tempo no que compartía tertulias con Risco ou Blanco Amor. O velorio está a se realizar no Tanatorio As Burgas de onde partirá ás 16 horas para o enterro que se celebrará na igrexa de Santa María a Real da Barra en Coles, de onde era nativo o finado.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Catedral, Nadal, Cidade das Burgas

Claves

Conceptos