O premio literario Manuel Lueiro Rey, que convoca anualmente o Concello do Grove, foi para Diego Alfonsín na súa vixésimo cuarta edición. O galardón de novela curta, dotado con 3.000 euros e a publicación da obra premiada recoñeceu Non o saben as estrelas, primeiro traballo en galego do autor. O xurado, composto por Manuel Quintáns Suárez, Armando Requeixo Cuba, Ánxela Rodríguez Rodríguez, Mario Regueira Fernández e Antonio Piñeiro Fernández, seleccionou a novela entre os trece traballos que se presentaron ao certame a destacar a súa "orixinalidade", o "carácter innovador" do texto e mais a "capacidade de envolver o lector na historia que narra". Alfonsín narra en preto de cen páxinas o encontro de diferentes personaxes de paso no cuarto dun hostal.
De xeito paralelo, o Concello presentaba o pasado domingo a reedición da obra O Grove, canción da sal e do vento, unha escolma de textos de de Manuel Lueiro Rey sobre a península. A selección que realizou Ramón Nicolás xa fora editada no seu día por Edicións Xerais.