O concello de Ferrol recuperará o dique civil de mareas de A Cabana, construído en 1810 polo empresario Juan Antonio Cardemil como parte dun estaleiro civil. Trátase dun dos poucos exemplos deste tipo de diques aínda en conservación. O espazo de actuación é de 5.000 metrso cadrados e vaise recuperar no marco do Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ártabro Norte, e ten un investimento total de 217.390 euros. A actuación incluirá a limpeza do dique, talado de vexetación e mesmo reconstrución de algunhas partes caídas ou desaparecidas.