Trece novas cancións acompañadas de contos e poemas de Carlos Meixide, VÃctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai ou MarÃa Lado entre outros autores e autoras do paÃs. Esta é a proposta que realiza MagÃn Blanco en Camiños, o seu novo libro-CD para público familiar. O volume de 68 páxinas, editado por Fol con ilustracións de Leandro Lamas, foi gravado no estudio Casa de Tolos. Unha variedade de ritmos acompañan temas lÃricos nos que se mesturan atmósferas electrónicas, rock ou coros de alumnos de primaria con colaboracións como as de Héctor Lorenzo ou De Vacas. Os textos da cancións son da autorÃa de Blanco, agás no caso de Paxariño novo, que adapta unha letra de Valle-Inclán. O músico presentará o seu traballo este sábado 2 de decembro ás 11:00h no Culturgal.