A Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo acollerá durante os dÃas 29 e 30 de novembro tres mesas redondas que afondarán na panorámica da música actual en Galicia. Estes encontros enmárcanse no Foro Galicia Creativa da Fundación SGAE e son de acceso libre. Promotores, managers, entidades públicas e privadas e asociacións profesionais ofrecerán as súas perspectivas e participarán destas tres mesas nas que se debaterá o impacto das propostas musicais galegas nos medios de comunicación. O foro é unha actividade con carácter divulgativo e vocación de xerar sinerxÃas de coñecemento e cohesión social neste sector.
AsÃ, o dÃa 29 de novembro (17:00 horas) falarase da perspectiva de promotores e managers nun encontro protagonizado por Patricia Hermida (Dotbeat!/Mare e vicepresidenta do International Music Managers Forum-Spain), Carlos Ramos (Asociación Desconcierto Cultural), Manuel Araújo (promotor cultural e coordinador da OurenseICCWeek) e a moderadora Marta Gómez (xornalista cultural). O dÃa 30 de novembro, a partir das 11:00 horas, ofrecerase a análise das entidades públicas, privadas e asociacións profesionais coa participación de MarÃa Paredes (coordinadora de programación da Axencia Galega das Industrias Culturais), Rodrigo Romanà (músico e membro do Consello Territorial da SGAE), Manuel Alonso (Asociación Músicos Ao Vivo) e, moderando, Teresa CuÃñas Lavandeira (xornalista da TVG).
Ese mesmo dÃa, ás 17:00 horas, desenvolverase un último faladoiro acerca do impacto das propostas musicais galegas nos medios de comunicación. Contará con Sabela Sampedro (comunicadora audiovisual e guitarrista de Agoraphobia), Salva Ronko (responsable do programa Maketón en 40 Principales Vigo) e Javier Becerra (xornalista de La Voz de Galicia), moderados por Tito Lesende (xornalista musical e responsable de Comunicación de SGAE Noroeste).