Quiosco: Xistral 20

A nova entrega da revista de creación literario recolle traballos de 63 autores e autoras

O Concello de Lugo acollía a pasada semana a publicación da vixésima entrega da revista Xistral, publicación histórica que botara a andar Manuel María e que voltou en 2000 da man do municipio. Nesta ocasión, o novo volume recolle textos de 63 poetas e poetisas do país acompañados de ilustracións de Quique Bordell. A coincidir co lanzamento dáse tamén un relevo na coordinación do proxecto, que pasa de Camilo Gómez Torres a Toño Nuñez que estará acompañado por un consello de redacción formado por Luz Pozo Garza, Marica Campo, Claudio Rodríguez Fer, Olga Novo e a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre.

Segundo recolle o web do Concello, os autores que fan parte da nova entrega son Delfina Amoroso Abuín, Vicente Araguas, Carmen Blanco, José Blázquez, Anxo Boán Rodríguez, Luís Miguel Bugallo Paz, José Luís Calvo, Joaquín Carballido Parra, Cristina Corral Soilán, Jesús Corredoira López, Melania Cruz, Alicia Chao Penela, Domus Áurea, Beatriz Dourado, Manuel Eiza, Euloxio Fernández, Xoán Xosé Fernández Abella, Fátima Fernández García, María José Fernández López, Susana Ferreiro Mediante, Curra Figueroa Panisse, Antón Fortes Torres, Xosé Lois García, Javier García N´ñez, Fernando García Penas, Teresa Gómez Senra, Raquel González Figueiras, Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero), Emilio Xosé Ínsua, María Xosé Lamas, Anxo Lamas Muinelo, Carlos Lema Salvado, Miguel Anxo Macía, Martiño Maseda, Manuel Celso Matalobos, Sara Méndez Palmeiro, Adolfina Mesa, Conchita Montenegro, Enrique Mora Morandeira, Paulo Naseiro, Manuel Xosé Neira, Xoán Neira, Isidro Novo, Toño Núñez, Xosé Otero Canto, Jesús Alfonso Parada Jato, Luísa Paz Motenegro, Andrés Pociña, Pepe Pol, Pepa Prado, Xesús Rábade Paredes, Carmen Rivero Gallego, Claudio Rodríguez Fer, Margarita Rodríguez Otero, Ramón Rodríguez Porto, Emilio Silva Otero, Shui Lóng Xue Bào, José Carlos Ulloa, Saturnino Valladares López, Lois Vázquez Fernández, Antonio Vázquez Tierra, Elvira Veloso, Helena Villar Janeiro e Eva Xanim.