A nova edición do 'Vello,raro, novo' do MAC xa ten programa

O ciclo comisariado por Sinsalaudio traerá mostras das expresións musicais menos habituais nos circuítos

| Santiago. Redacción | Seccións: MúsicaArte
Compartir:
A banda islandesa Amiina Foto: MAC

A banda islandesa Amiina Foto: MAC

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña inicia el vindeiro día 2 de decembro, en colaboración con Sinsalaudio, a nova programación do ciclo de música e coleccionismo Vello, raro, novo que leva facendo desde 2014. O ciclo ten o compromiso de achegar artistas internacionais e propostas inéditas, que non adoitan formar parte dos circuítos habituais. O programa abarca, ademais da música en directo, o campo do coleccionismo musical como conexión entre o museo e a cidadanía. Nesta edición do ciclo o MAC acollerá os directos de Alexis Taylor (Gran Bretaña), El último vecino (España) e Amiina (Islandia). O británico abrirá o ciclo o 2 de decembro ás 21 horas, o 18 de xaneiro será o concerto da banda española El Último Vecino e haberá que agardar a febreiro, o día 14 para ver ás islandesas Amiina. Vello, raro, novo pretende abrir así o museo á expresión contemporánea artística desde a música. As entradas, por un prezop de 5 euros por sesión, xa están dispoñibles na recepción do MAC e en Discos Portobello así como na plataforma dixital de ABanca.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Sinsalaudio, Fenosa, Abanca, Gran Bretaña