Ernesto Is gaña o Premio Rafael Dieste de Teatro da Deputación da Coruña

O galardón é de 6.500 euros

María Casares é a personaxe central de Despois das ondas, o texto dramático co qeu Ernesto Is fíxose co premio Rafael Dieste da Deputación da Coruña, e que foi fallado esta mañá. O xurado estivo composto por Inma López Silva, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Paula Carballeira, Eva F. Ferreira e Manuel Núñez Singala, coa vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei como presidenta e a xefa de servizo da área, Mercedes Fernández Albalat como secretaria. O xurado escolleu esta obra teatral con entre as 47 presentadas e consiste en 6.500 €, senón a publicación e posta en escena. Ernesto Is é profesor de teatro e dramaturgo.