O conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, e o director de Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, presentaban onte na Cidade da Cultura a colaboración entre as dúas entidades para desenvolver unha grande exposición arredor da obra fotográfica de Baldomero Pestana. Pestana, a verdade entre as más, inaugurarase o 15 de febreiro na sede do Cervantes en Madrid e chegará o 27 de abril ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Compostela, onde poderá verse ata o 2 de setembro. O proxecto conta co comisariado da galega Chus Villar e do escritor Juan Bonilla, e conta coa implicación dos familiares de Pestana, Antonio PolÃn Pérez e Carmen Rico Coira, responsables dos fondos deste autor.
No proxecto exhibiranse 150 fotografÃas, que inclúen desde imaxes de denuncia social e retratos de escritores e intelectuais como Pablo Neruda, GarcÃa Márquez, Vargas Llosa, Man Ray ou Dizzy Gillespie. A través deste material o visitante poderá seguir o periplo vital do artista por Bos Aires, Lima e ParÃs, cidades nas que viviu antes de voltar a Galicia. Ademais, a coincidir coa mostra proxectarase o documental A imaxe reb/veleda, de Andrea Vázquez GarcÃa, que gravou durante os últimos anos de vida do fotógrafo.
Segundo adiantou Román RodrÃguez, esta iniciativa "rescatará dun inxusto esquecemento a un mestre da cámara descoñecido para o gran público” e permitirá pór en valor a un galego “que viviu conectado á escena cultural do seu tempo”.