A “deriva” do galego, o contacto co castelán, os neofalantes, o purismo... e as súas posibilidades de futuro. Estas son algunhas das cuestións que trata “Estudos sobre o cambio lingüÃstico no galego actual”, unha publicación do Consello da Cultura Galega coa edición de Xosé LuÃs Regueira e Elisa Fernández Rei. Os editores, xunto con Dolores Vilavedra, coordinadora da Sección de Lingua, Literatura e Comunicación do CCG, e Ernesto González Seoane, director do Instituto da Lingua Galega (ILG), presentaron esta mañá este documento que pretende dar conta da variación do noso idioma.“O galego pasou de ser unha lingua prohibida a ser unha lingua oficial e accedeu a ámbitos como a escola, a administración e os medios de comunicación, que o puxeron na esfera pública e que foron determinantes para que tivera grandes mudanzas” explicou na presentación Elisa Fernández Rei.
O volume comeza cun traballo de interese xeral sobre o cambio lingüÃstico e recolle tanto traballos de carácter xeral teóricos como empÃricos. Entre os temas que trata está o dos neofalantes; un grupo que, malia non ser moi numeroso, ten unha importante presenza e visibilidade social. Outros traballos afondan en comprobar o comportamento que presentan os falantes que se declaran monolingües en galego e os de castelán, e os que se declaran bilingües. A publicación aborda aspectos tan significativos como a escrita electrónica, unha das novas variedades da lingua, ou como as e os falantes perciben as diferencias dialectais, como as valoran. Algúns artigos constitúen refinamentos de metodoloxÃas tradicionais, como a XeografÃa LingüÃstica ou a Toponimia, mentres que outros introducen perspectivas teóricas innovadoras nos estudos galegos, como a dialectoloxÃa perceptiva, as actitudes ante a variación, a análise do discurso ou o estudo perceptivo da variación fonética.
As orixes do volume
Entre 2012 e 2015 na Universidade de Santiago de Compostela (USC) desenvolveuse un proxecto titulado “Cambio lingüÃstico no galego actual” encamiñado a afondar, desde enfoques metodolóxicos innovadores, os cambios que se estaban a producir no galego. A idea partÃa de que o contacto lingüÃstico era determinante neses cambios e que cumprÃa analizalos. No marco dese proxecto publicáronse algúns traballos e tamén se desenvolveu un simposio que tivo lugar na Facultade de FiloloxÃa da USC e no Consello da Cultura Galega no ano 2015. Unha liña de traballo de investigación que dá conta de todo este fenómeno.