O escritor Antonio Piñeiro fÃxose co Premio Torrente Ballester en Galego, coa novela A través do fume. O premio consiste en 25.000 euros (é o de maior contÃa para a literatura en galego) e a publicación da obra. En palabras do xurado, trátase dun "relato cunha grande habilidade narrativa que arrisca e funciona como mecano en que a persoa lectora ten que implicarse para construÃr o quebracabezas até a última páxina". O xurado estivo composto por Antón Riveiro Coello, Montse Dopico, MarÃa Reimóndez, Armando Requeixo e a gañadora da edición anterior, Eli RÃos, presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn Rei e coa xefa de servizo, Mercedes Fernández Albalat como secretaria. A novela de Piñeiro foi escollida entre as 12 finalistas das 59 presentadas. A súa conta de libros inÃciase con Paisaxes de Cinza (Toxosoutos) en 2002 e nela atópanse obras como Tres contos de guerra (Colección Bourel), a novela A identidade fascinada (Editorial Galaxia, 2015) ou O noiro (Sotelo Blanco, 2016). Antonio Piñeiro é mestre de Historia no ensino público.