Paco Nogueiras lanza a súa particular emisora con Radio Bulebule

Kalandraka edita o novo libro-CD do músico con ilustracións de David Pintor

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Paco Nogueiras lanza a súa particular emisora con Radio Bulebule

Logo do éxito de Brinca vai!, o que obtivo o Premio Martín Códax da Música na categoría Infantil, Paco Nogueiras presenta o seu novo traballo. O medio radiofónico inspira os doce temas de Radio Bulebule, un libro-CD-DVD que publica a editorial Kalandraka con ilustracións de David Pintor e uns videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo dirixindo que, unidos, forman unha curtametraxe. Os ritmos variados predominan nunhas cancións que se artellan como a grella de programación dunha peculiar emisora. Sintonía de entrada, axenda cultural, magazine de variedades, música, faladoiro, noticias, información deportiva e previsión meteorolóxica teñen cabida, con cadanseu tema, neste proxecto.

O auditorio do Milladoiro, en Ames, acolle o día 12 o concerto de presentación do novo traballo. O Centro Ágora da Coruña (día 17), o Auditorio de Ourense (18), o Centro sociocultural de Vite, en Compostela), o 26 ou o Pazo da Cultura de Pontevedra o día 3 de decembro son algunhas das vindeiras datas da xira de presentación.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, DVD, Pazo da Cultura de Pontevedra, Centro Ágora...