Un achegamento ao son de raÃz mediterránea e á música rai e hindú marca o terceiro álbum de Banda Crebinsky. O grupo autoproduce Zirkus Affe, un proxecto no que explotan a ambientación circense e incrementan as letras en galego. A voz de Serxio Zearreta colle protagonismo e comparte micro con Vadzim Yuknevich nun proxecto que conta coas colaboracións de Carlos Castro, Nuria de León ou Jerry Noia. Fernando Abreu Fernández nos clarinetes, Enrique Otero aos teclados, a guitarra de Pablo González, os baixos de Pablo Pérez, Miguel Queixas á BaterÃa e Xacobe Lamas no violÃn completan a formación, que estreou o disco cun concerto na sala Capitol o pasado mes de setembro pero que xa adiantaran boa parte dos seus contidos en recitais ao longo do verán.