O vindeiro luns 23 de outubro ás 19.30 h. comeza en DIDAC (DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas) en Santiago de Compostela o ciclo de conferencias Galicia. Un século de creación 1916-2016, un total de 32 encontros que abordarán a historia da creatividade galega.
A primeira das conferencias, afondará sobre a construción dunha idea de arte galega e será impartida o luns 23 ás 19.30 horas polo escritor e crÃtico de arte Xavier Seoane. Nesa mesma semana, o deseñador Pepe Barro falará sobre o deseño na Galicia moderna, o xoves 26. A semana rematará coa charla que o venres 27 impartirá o arquitecto Fernando Agrasar, que falará sobre a renovación arquitectónica do movemento moderno e o racionalismo. Este ciclo forma parte do Proxecto DIDAC Arteria Galicia que será complementado co arquivodidac.gal, un corpo documental online onde coñecer o traballo e traxectoria de creadores galegos contemporáneos. O proxecto desenvolverase na súa primeira fase desde o mes de outubro de 2017 ata o mes de xullo de 2018 e nace coa idea de afondar no patrimonio cultural de Galicia e a súa creatividade, contando coa colaboración de recoñecidos profesionais da arte, arquitectura, deseño e outras manifestacións artÃsticas. A asistencia ás conferencias é gratuÃta. Tendo prioridade aquelas persoas que teñan feita a inscrición previa, permitirase o acceso ata completar a sala cun aforo máximo de 45 persoas.