Dous producions de cine submarino galardoadas en San Sebastián

'SyngDoc' e 'Mareas rojas' acadan recoñecemento nas súas categorías

O Ciclo Internacional de Cine Submarino de Donostia-San Sebastián (CIMASUB) ven de recoñecer no seu palmarés deste ano dous traballos feitos e producidos nas augas da costa galega. Na categoría de Documentais a película de Pablo J. Garrido, SyngDoc: El desconocido mundo de los Signátidos acadou o recoñecemento do xurado que lle outorgou o segundo galardón da sección, a Barandilla de Prata. de Manuel Enrique García, acadou a Barabdilla de Bronce no partado dedicado a Documentales Cortos. O certame recibe traballos de todo o mundo e as películas gañadoras proxectanse no Teatro Principal da capital donostiarra estes días.

SyngDoc: El desconocido mundo de los Signátidos está dirixido por Pablo Garrido Villaverde e producido por Inxenia Audiovisual. A imaxe submarina foi capturada por Manuel E. García Blanco e Felipe Escolano Gutiérrez e o guión é de María Rey Rodríguez e Miquel Planas Oliver. O documental conta con música orixinal de Gimnazija Kranj Symphony Orchestra. Os singnátidos, que inclúen os cabaliños de mar, os peixes pipa ou os dragóns de mar, constitúen unha peculiar familia animal. Este documental somerxe o espectador nun mundo asombroso en que descubrirá uns peixes cunha bioloxía descoñecida e sorprendente, cuxa evolución no tempo lles permitiu adaptarse a novos ambientes no planeta e adquirir unhas características únicas no reino animal. A curtametraxe documental Mareas Rojas, dirixido por Manuel García Blanco (Técnico do IIM-CSIC) e por Jorge Hernández Urcera (IEO), xa recibirá anteriormente unha mención honorífica na XXX Edición dos Premios Prismas de divulgación científica. O documental enmarcado no Proxecto Mareas Vermellas, amosa a relación existente entre as condicións oceanográficas e a dinámica fitoplanctónica responsable de la presencia de biotoxinas nas rías, así como o papel da comunidade científica na investigación de sistemas fiables de detección e de métodos de análisis exhaustivos que consigan a prevención ou detección temperá destes episodios tóxicos.