
E para a semana comeza en Vigo outra cita poética de carácter internacional que tamén se consolida e crece, o Festival Kerouac Vigo, herdeiro por vÃa de cambio de denominación do Festival Polipoético. O festival de performance e poesÃa levará a cabo a súa 7ª edición entre o 16 e o 19 de outubro crecendo en tamaño e repercusión, no que eles consideran o “gran ano” do evento, xa que ademais de medrar en artistas, espazos e dÃas, presentan, nun acordo coa Editorial Galaxia o libro LATEXO BEAT de poesÃa que se presentará o mércores 18 ás 19:30h. no restaurante de El Corte Inglés. A obra recolle poemas, en galego, castelán e inglés, de 64 poetas que ao longo destes anos recitaron no festival. Cinco escaparates de comercios locais xa están a amosar mostras poéticas como estao previo ao inicio das actividades que sucederán no restaurante de El corte Inglés, Instituto Camoes, MARCO, La fiesta de los maniquÃes e Progreso 41 Urban Market. Ademais do xa coñecido poemobil circulando polas rúas da cidade co seu megáfono, nesta ocasión o ofestival presenta unha nova iniciativa na rúa Londres chamada O muro dos poetas, coa dirección de Sherni Kaur presentarase tras o MARCO un muro con poemas estampados en azulexos de cerámica. Os versos de 70 poetas estarán incluÃdos nesta acción. Tamén esta prevista no programa a realización dunha Flashmob/i> nas porta do MARCO o sábado 21.