Pérez & Fernández levan a escena AguraTrat

A Coruña acolleu onte a estrea desta montaxe baseada nun texto de Roald Dahl

O Fórum Metropolitano da Coruña acollía onte a estrea de AguraTrat, o novo espectáculo da compañía Pérez & Fernández. Un texto do británico Roald Dahl é a base desta montaxe na que se amosa a historia de amor e de aventuras de dúas persoas maiores, o señor Hoppy e a señora Silver. "A terceira protagonista da historia é unha tartaruga, personaxe clave que dá título á peza", segundo explica a compañía. Teatro de actor "para público familiar que goste dos xogos de palabras, das tartarugas, dos seus maiores e das ideas orixinais e divertidas". O Auditorio Municipal de Ourense acollerá o seguinte pase da obra, previsto para o vindeiro 10 de decembro.