Erosións é o tÃtulo do poemario co que Rafa Villar acaba de se facer co Premio de PoesÃa Vitoriano Taibo na súa décima edición. O certame que convocan o Concello de Gondomar e o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) está dotado con 3.000 euros e unha escultura conmemorativa e inclúe a publicación da obra por parte desta última entidade. O xurado destacou da obra gañadora a súa "unidade dentro do dobre plano de lectura que se percibe no propio tÃtulo do libro. Un libro que combina a paixón e a intimidade cunha exquisita sinxeleza e intensidade lÃrica, froito dun coidadoso traballo de construción poética en que desaparecen as concrecións de xénero para converter os poemas na expresión total do amor. Mais o amor non pode desprenderse da realidade e, mentres o eu poético constata a erosión do paso do tempo e as feridas da vida, convida a persoa amada a crear un horizonte `a salvo de naufraxios´, a través de cen poemas breves que empregan as palabras imprescindÃbeis para construÃr imaxes intensamente poéticas".
O xurado do certame estivo composto por Iria Misa, Gonzalo Navaza, Xulián Maure, Marta Dacosta e Xosé Iglesias, gañador da pasada edición. A entrega do galardón farase o vindeiro 18 de novembro no Auditorio Municipal Lois TobÃo de Gondomar.