
Para tal fin o pasado més de maio fixo un chamamento público a bandas e artistas do país para que participasen dun xeito voluntario e altruista en a chamada da artista e educadora social non quedo usen escoitar me máis de catorce grupos presentaron a súa disposición a tomar parte, "mesmo agora seguen chegando propostas para unirse", asegura Andrea. Tomando como criterio as predileccións observadas nos propios centros e a preferencia por bandas cunha certa traxectoria, Verdú elixiu cinco destas propostas. Mad Martín Trío, A Compañía do Ruído, Bakin Blues band, Los Vagos de Lalín e Gold&Colt serán os grupos que poñan a música tras dos muros das prisións neste proxecto. O vindeiro 25 de setembro, coincidindo coas celebracións da festa de Mercé, patroa dos centros penitenciarios, dará comezo o ciclo de concertos no que cada día unha banda acudirá a dar un concertó a un dos cinco cárceres que hai na comunidade: A Lama, teixeiro, Monterroso, Pereiro de Aguir e Bonxe. Para sacar adiante Armonia2 Andrea contou co apoio loxístico da ONG Aliad Ultreia e conseguiu o financiamento a través das liñas da Consellaría de Polítca Social e os programas da Fundación la Caixa. Andrea xa ten en mente unha segunda edición deste ciclo para o ano, manexando diferentes datas que poderían coincidir de novo coa festividade da Mercé ou coa Semana da Música en xuño e para as que pensa contar coan bandas que quedaron fóra nesta ocasión ou con outras que se unan ao proxecto músico-social de poner a música entre reixas con intención solidaria.



